martes, 18 de septiembre de 2018

RECURSOS HISTORIA

Este curso os nenos e nenas de 4º imos convertirnos en historiadores e historiadoras para coñecer un pouco mais como vivían os nosos antepasado.
Aquí deixamos alguns recursos que poden resultar útiles nas súas investigacións.

viernes, 8 de junio de 2018

CAMIÑO PORTUGUÉS

Os nenos e nenas de terceiro rematamos o noso proxecto sobre o "Camiño de Santiago" facendo un pequeno tramo que pase ao lado do cole. A nosa tarefa era encontrrar posibles sinais e entrevistar a algún peregrino. Sinais atopamos moitas pero en canto a peregrinos non tivemos moita sorte. Achegámonos ao albergue que hay en Porriño e alí nos puxeron un sello na libreta como credencial de haber completado o tramo. Tamén estivemos falando con Juanjo que era o presidente da asociación "Amigos do camiño" e explicounos curiosidades como que as frechas amarelas indican a dirección a Santiago, as verdes indican o camiño para discapacitados e as azuis indican o camiño a Fátima. Foi unha salida moi aproveitada xa que en pouco tempo descubrimos moitas cousas sobre o camiño que nos sabiamos. Quedamos con ganas de máis.

lunes, 4 de junio de 2018

martes, 8 de mayo de 2018

DÍA DAS LETRAS GALEGAS


Resultado de imagen de letras galegas  RECURSOS DIDÁCTICOS



Aproxímase o Día das Letras Galegas e os nenos e nenas de 3º imos a investigar sobre as autoras homenaxeadas ao longo da historia.
Para  axudalos a facelo as profes deixámoslles os seguintes enlaces.

viernes, 16 de marzo de 2018

Visita al aeuropuerto

El pasado viernes 16 de marzo hicimos una excursión al aeropuerto. Lo primero que vimos fueron unos dibujos en el suelo donde nos indicaban muchas cosas como la puerta de embarque, por donde llegan las maletas, cafetería, etc,...
Vimos polis, guardia civil y control de seguridad. Nos hicieron escanearnos y al director le pitó la máquina de escáner. Nos enseñaron los mostradores de facturación, la cinta transportadora y una maqueta del aeropuerto. También nos explicaron cosas como la zona de tierra y la zona de aire que es donde se espera para coger un vuelo y nos explicaron donde llevan los aviones el queroseno (en las alas).
Lo que más nos gustó fue ver el parque de bomberos y ver a los bomberos en acción, tocaron la sirena y echaron agua desde los cañones. También nos enseñaron su gimnasio.
Al final vino un chico con un águila que usan para espantar a otros pájaros y nos la dejó tocar. Se llamaba Sharon.
Fue todo chulísimo, repetiría muchas veces. La chica que nos enseñó todo se llamaba María José y lo explicaba todo muy bien. Nos hicieron regalos, entramos en zonas restringidas porque teníamos una tarjeta que nos permitía entrar.
                                                                                                  Luis, Brais y Antía S.





jueves, 15 de marzo de 2018

DÍA DE ROSALÍA


O pasado día 24 de febreiro celebrouse o día de Rosalía de Castro. No cole celebrámolo o venres 23 e todos os nenos e nenas do colexio baixamos á entrada para facer un recital coas súas poesías máis famosas. Esta é unha data que celebramos todos os anos. Aquí vos deixamos un vídeo que fixemos o ano pasado cando estabamos en segundo. 



Este ano Luis e Sabela representaron aos nenos e nenas de terceiro lendo un fragmento de "Adiós ríos, adiós fontes"




Na clase vimos tamén a biografía de Rosalía e por parellas fixemos un resumo e decoramos un debuxo. Aquí volo deixamos para que o desfrutedes.


Tamén practicamos cos Ipad e fixemos unha liña do tempo coa súa vida. Gustounos moito e aprendemos un montón.


viernes, 23 de febrero de 2018

O ENTROIDO

O entroido no cole foi moi divertido porque durante toda a semana estivemos seguindo as ordes do meco.  O meco é un boneco que fixeron para o entroido e todo o cole o coñece. Deunos cinco ordes que había que cumplir. O luns tivemos que levar sombreiro, gorro ou pano para a cabeza, o martes mandilón, o mércores chubasqueiro ou botas para a chuvia, o xoves gaita ou pandereta e o venres fomos disfrazados.

Este ano, no cole, o tema era "Galicia Calidade" porque na biblioteca hai unha sección nova que se chama "viaxes" por eso en plástica e ciencias sociais estamos dando distintos temas como París, África ou Galicia. Os nenos de infantil foron de galeguiños e galeguiñas, os de primeiro e segundo foron de pantallas, os de terceiro e cuarto fomos de peregrinos e os de quinto e sexto de peixeiros.

Os nenos de terceiro levamos o disfraz de peregrino porque fixemos unha homenaxe a Galicia. O disfraz fíxose primeiro comprando as teas, segundo coséndoas. Primeiro a casaca, despois a capa e unhas cousas para tapar os pés. Por último o pantalón. Levabamos tamén bastón, sombreiro cunha cuncha, cabaza e unha esclavina encima da capa.

O nove de febreiro os nenos e nenas do Antonio Palacios dimos a volta ao colexio. os de infantil só sairon e entraron porque tiñan medo a que chovera. Os de 1º, 2º, 3º, 4º, 5º e 6º recorreron ata o colexio Ribeira e despois se uniron ao desfile outros coles como ACEESCA e o Ribeira.
 Os pais e nais viñan a mirar aos seus fillos.

 Ao chegar ao cole os pais e os nenos comeron orellas e de todo. Na merendola comimos moitas cousas como orellas, filloas, filloas de chocolate, etc,...despois fomos xogar e nos divertimos moito.

O día 10 de febreiro tames desfilamos no desfile de Porriño ata o parque e o día 11 fomos por Mos. Gañamos o premio á carroza infantil máis chula.

                                                      Arón, Brais, Sabela, Claudia, Edgar, Joni, Tomás, Adrián y Samuel.








RECURSOS HISTORIA

Este curso os nenos e nenas de 4º imos convertirnos en historiadores e historiadoras para coñecer un pouco mais como vivían os nosos antepas...