viernes, 23 de febrero de 2018

O ENTROIDO

O entroido no cole foi moi divertido porque durante toda a semana estivemos seguindo as ordes do meco.  O meco é un boneco que fixeron para o entroido e todo o cole o coñece. Deunos cinco ordes que había que cumplir. O luns tivemos que levar sombreiro, gorro ou pano para a cabeza, o martes mandilón, o mércores chubasqueiro ou botas para a chuvia, o xoves gaita ou pandereta e o venres fomos disfrazados.

Este ano, no cole, o tema era "Galicia Calidade" porque na biblioteca hai unha sección nova que se chama "viaxes" por eso en plástica e ciencias sociais estamos dando distintos temas como París, África ou Galicia. Os nenos de infantil foron de galeguiños e galeguiñas, os de primeiro e segundo foron de pantallas, os de terceiro e cuarto fomos de peregrinos e os de quinto e sexto de peixeiros.

Os nenos de terceiro levamos o disfraz de peregrino porque fixemos unha homenaxe a Galicia. O disfraz fíxose primeiro comprando as teas, segundo coséndoas. Primeiro a casaca, despois a capa e unhas cousas para tapar os pés. Por último o pantalón. Levabamos tamén bastón, sombreiro cunha cuncha, cabaza e unha esclavina encima da capa.

O nove de febreiro os nenos e nenas do Antonio Palacios dimos a volta ao colexio. os de infantil só sairon e entraron porque tiñan medo a que chovera. Os de 1º, 2º, 3º, 4º, 5º e 6º recorreron ata o colexio Ribeira e despois se uniron ao desfile outros coles como ACEESCA e o Ribeira.
 Os pais e nais viñan a mirar aos seus fillos.

 Ao chegar ao cole os pais e os nenos comeron orellas e de todo. Na merendola comimos moitas cousas como orellas, filloas, filloas de chocolate, etc,...despois fomos xogar e nos divertimos moito.

O día 10 de febreiro tames desfilamos no desfile de Porriño ata o parque e o día 11 fomos por Mos. Gañamos o premio á carroza infantil máis chula.

                                                      Arón, Brais, Sabela, Claudia, Edgar, Joni, Tomás, Adrián y Samuel.








2 comentarios:

RECURSOS HISTORIA

Este curso os nenos e nenas de 4º imos convertirnos en historiadores e historiadoras para coñecer un pouco mais como vivían os nosos antepas...