jueves, 15 de marzo de 2018

DÍA DE ROSALÍA


O pasado día 24 de febreiro celebrouse o día de Rosalía de Castro. No cole celebrámolo o venres 23 e todos os nenos e nenas do colexio baixamos á entrada para facer un recital coas súas poesías máis famosas. Esta é unha data que celebramos todos os anos. Aquí vos deixamos un vídeo que fixemos o ano pasado cando estabamos en segundo. 



Este ano Luis e Sabela representaron aos nenos e nenas de terceiro lendo un fragmento de "Adiós ríos, adiós fontes"




Na clase vimos tamén a biografía de Rosalía e por parellas fixemos un resumo e decoramos un debuxo. Aquí volo deixamos para que o desfrutedes.


Tamén practicamos cos Ipad e fixemos unha liña do tempo coa súa vida. Gustounos moito e aprendemos un montón.


No hay comentarios:

Publicar un comentario

RECURSOS HISTORIA

Este curso os nenos e nenas de 4º imos convertirnos en historiadores e historiadoras para coñecer un pouco mais como vivían os nosos antepas...