viernes, 23 de febrero de 2018

O ENTROIDO

O entroido no cole foi moi divertido porque durante toda a semana estivemos seguindo as ordes do meco.  O meco é un boneco que fixeron para o entroido e todo o cole o coñece. Deunos cinco ordes que había que cumplir. O luns tivemos que levar sombreiro, gorro ou pano para a cabeza, o martes mandilón, o mércores chubasqueiro ou botas para a chuvia, o xoves gaita ou pandereta e o venres fomos disfrazados.

Este ano, no cole, o tema era "Galicia Calidade" porque na biblioteca hai unha sección nova que se chama "viaxes" por eso en plástica e ciencias sociais estamos dando distintos temas como París, África ou Galicia. Os nenos de infantil foron de galeguiños e galeguiñas, os de primeiro e segundo foron de pantallas, os de terceiro e cuarto fomos de peregrinos e os de quinto e sexto de peixeiros.

Os nenos de terceiro levamos o disfraz de peregrino porque fixemos unha homenaxe a Galicia. O disfraz fíxose primeiro comprando as teas, segundo coséndoas. Primeiro a casaca, despois a capa e unhas cousas para tapar os pés. Por último o pantalón. Levabamos tamén bastón, sombreiro cunha cuncha, cabaza e unha esclavina encima da capa.

O nove de febreiro os nenos e nenas do Antonio Palacios dimos a volta ao colexio. os de infantil só sairon e entraron porque tiñan medo a que chovera. Os de 1º, 2º, 3º, 4º, 5º e 6º recorreron ata o colexio Ribeira e despois se uniron ao desfile outros coles como ACEESCA e o Ribeira.
 Os pais e nais viñan a mirar aos seus fillos.

 Ao chegar ao cole os pais e os nenos comeron orellas e de todo. Na merendola comimos moitas cousas como orellas, filloas, filloas de chocolate, etc,...despois fomos xogar e nos divertimos moito.

O día 10 de febreiro tames desfilamos no desfile de Porriño ata o parque e o día 11 fomos por Mos. Gañamos o premio á carroza infantil máis chula.

                                                      Arón, Brais, Sabela, Claudia, Edgar, Joni, Tomás, Adrián y Samuel.








jueves, 22 de febrero de 2018

INFORMACIÓN SOBRE O CAMIÑO DE SANTIAGO

Aquí vos deixamos alguns enlaces e fotos para investiguedes.


Comidas típicas

Platos típicos

Comidas e bebidas

10 platos típicos galegos


Mapa físico da península Ibérica




Mapa político de España

Mapa das diferentes rutas do camiño




Vestimenta peregrinos




Vestimenta moderna



viernes, 16 de febrero de 2018

ANA ALCOLEA VISITA O ANTONIO PALACIOS

O mércores 7 de febreiro recibiu aos nenos e nenas de 3º e 4º  a escritora de "Castillos en el aire"🏰, Ana Alcolea. Contounos a historia de "Romeo y Julieta" e contounos que xa leva escritos 20 libros pero so publicados 17. O xoves sairía publicado o libro 18. Para escribir inspírase na vida real, nos explicou que un primo seu morreu nun accidente de avioneta en África e serviulle para escribir máis libros. Sempre leva un dente de leopardo que lle regalara o seu primo.
Falóunos bastante do seu libro "Castillos en el aire" que xa leron os nenos e nenas de 4º e que leremos próximamente os de 3º.
O seu primeiro libro chámase "O medallón perdido"📓📖.
Firmou o libro de visitas que temos na biblioteca e tamén un exemplar de "Castillos en el aire".
Pareceunos moi interesante e divertido!😤

                                                                      Antía R., Samuel, Álex, Luís, Tomás, Antía S. e Claudia.




  


jueves, 15 de febrero de 2018

MAÑÁN DE ESTRELAS

O mércores, 7 de febreiro, os nenos  e nenas de 3º foron a un planetario instalado no ximnasio do CEIP da Ribeira.
O planetario era hinchable, non moi grande e poñían unha película sobre o espazo no que explicaban a formación do Sistema Solar e os planetas, os meteoritos, as constelacións, os satélites, etc. Nun momento parecía que ía caer un meteorito sobre nos.
Despois fixemos algunhas preguntas, os nenos e nenas aprenderemos moitisimas cousas porque o chico explicaba todo moi ben.
A todos nos gustaríanos visitar otro planetario.



Sabela, Ainoa, Breixo, Xabi, Arón, Isabela, Anxo, Édgar








RECURSOS HISTORIA

Este curso os nenos e nenas de 4º imos convertirnos en historiadores e historiadoras para coñecer un pouco mais como vivían os nosos antepas...