O mércores 7 de febreiro recibiu aos nenos e nenas de 3º e 4º a escritora de "Castillos en el aire"🏰, Ana Alcolea. Contounos a historia de "Romeo y Julieta" e contounos que xa leva escritos 20 libros pero so publicados 17. O xoves sairía publicado o libro 18. Para escribir inspírase na vida real, nos explicou que un primo seu morreu nun accidente de avioneta en África e serviulle para escribir máis libros. Sempre leva un dente de leopardo que lle regalara o seu primo.
Falóunos bastante do seu libro "Castillos en el aire" que xa leron os nenos e nenas de 4º e que leremos próximamente os de 3º.
O seu primeiro libro chámase "O medallón perdido"📓📖.
Firmou o libro de visitas que temos na biblioteca e tamén un exemplar de "Castillos en el aire".
Pareceunos moi interesante e divertido!😤
Antía R., Samuel, Álex, Luís, Tomás, Antía S. e Claudia.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
RECURSOS HISTORIA
Este curso os nenos e nenas de 4º imos convertirnos en historiadores e historiadoras para coñecer un pouco mais como vivían os nosos antepas...
-
Compartimos convosco uns debuxos feitos en cadrícula. A ver si sodes capaces de copialos.
-
Os nenos e nenas de terceiro rematamos o noso proxecto sobre o "Camiño de Santiago" facendo un pequeno tramo que pase ao lado do c...
-
Aproxímase o Día das Letras Galegas e os nenos e nenas de 3º imos a investigar sobre as autoras homenaxeadas ao longo da historia. Pa...
No hay comentarios:
Publicar un comentario